martes, 8 de maio de 2018

RECLAMACIÓN A COPCISA

Dada a preocupación dos socios polas deficiencias e danos no centro:
  • Afundimento do chan do patio de Educación Infantil, cos conseguintes perigos que implica para o alumnado e os profesionais que desenvolven o seu labor
  • Mal funcionamento da porta de acceso do alumnado de Educación Primaria
  • Mal funcionamento da porta de acceso de vehículos da escola
  • Ausencia de sensores de fume nos baños do alumnado
  • Problemas na telefonía do centro, tendo solicitado a inclusión na rede de telefonía Xunta
  • Problemas nos chans de educación infantil, biblioteca e corredores
  • Chéganse a acadar temperaturas moi elevadas nalgunhas aulas. Destaca o caso das aulas de infantil, nos que a calor dificulta o desenvolvemento da práctica educativa e prexudica o benestar do alumnado e dos profesionais
 E dado que  a nosa reclamación conxunta anterior non obtivo resposta, acórdase colgar no blogue un modelo de queixa para que os pais e nais que o desexen, poidan enviala de forma individual ós organismos competentes por correo electrónico. E así, que a nosa protesta sexa oída.

Informáronnos que por correo electrónico podíamos molestar, pero si queríamos que realmente a protesta fose efectiva, deberíamos entregala en rexistro para que teña valor oficial. Tamén se pode enviar pola sede electrónica da Xunta se tedes un certificado digital, activado o DNI, ou a chave365, que pronto será obligaroia para casi todos os trámites nesta institución.
Así que si podedes, mellor, por Rexistro.

É MOI IMPORTANTE QUE VOS IMPLIQUEDES E ENVIEDES O ESCRITO.

De non ter reposta, poderánse tomar outras medidas de presión para que se den solucións a estes
problemas.

Aquí vos deixo un modelo para que o descarguedes, no que debedes poñer o destinatario, en función de a onde o enviedes, e cubrir os vosos datos.


Cómo ya dixemos, é mellor presentar os escritos por rexistro, pero si alguén non pode, podedes envialas a estas direccións de mail.


UTE (Unidade Técnica Educativa) unidadetecnica.pontevedra@edu.xunta.es

Consellería de Educación: gabinete.educacion@edu.xunta.es

Concello de Vigo: ofi.educacion@vigo.org


CONTAMOS CONTIGO


Ningún comentario:

Publicar un comentario