martes, 22 de maio de 2018

JUMPING CLAY VERAN_ 31 MAIO Y 1 XUÑO

Achégase o final de curso e queremos rematar cun obradoiro que lles encanta ós nosos nenos e nenas: Obradoiro de Jumping Clay.  Esta vez facemos unha nova edición de verán, pero xa sabedes que as prazas están limitadas. Así que si estades interesados, facede a vosa inscripción canto antes. 



Será os días 31 de maio e 01 de xuño, de 16.00 a 17.00h aproximadamente, no comedor do centro, para todos aqueles que desexen participar. Recordamosvos que ainda que esté planificada en dous días,  só se pode asistir un.

As prazas son limitadas, por ese motivo vos recomendamos que vos anotedes canto antes. Podedes facelo a través do whatsapp 604026358 e do mail anpaosirmandinhos@gmail.com, indicando:

NOME DO NENO OU NENA, CURSO
DÍA NO QUE QUERE INSCRIBIRSE

Se algún neno ou nena cambio a súa situación con respecto á asistencia ao comedor, por favor, poñédeo tamén, para poder organizarnos da mellor forma posible.

Tamén estamos a vosa disposición no horario habitual de oficina. 

Admitiranse as inscripción ata o luns 28 de maio de 2018, ou hasta que non haxa prazas.

Esta actividade é de balde para os socios da Anpa Os Irmandiños, o prezo para os non socios é de 3,5 €, que deberán aboar no momento da súa inscripción.



Ningún comentario:

Publicar un comentario