venres, 1 de decembro de 2017

OBRADOIRO JUMPING CLAY DE NADAL

Un ano máis, entramos no mes de Decembro e xa estamos a pensar nos agasallos, na árbore de nadal,... e por suposto, no noso taller de JUMPING CLAY!

Este ano está planificidao para os días xoves 14 e venres 15 de Decembro (recordamosvos que os nenos só poderán ir un día).

Será coma sempre no comedor do centro, de 16:00h. a 17:00h. aproximadamente e é necesario apuntarse xa que as prazas son limitadas e respetarase a orde de inscripción.

 Comaven sendo costume, é unha actividade de balde para os socios da ANPA os IRMANDIÑOS, e o prezo para os non socios é de 3,5 euros que deberán abonar cando apunten ao neno ou nena no taller.

 Tendes ata o luns 11 de Decembro para anotarvos.... sempre que haxa plazas.

  Cómo podedes facelo? Acercandovos ao local do ANPA os Martes e Venres de 9:00 a 10:00, ou os Martes de 16:00 a 16:55, por mail (anpaosirmandinhos@gmail.com) , por whatsapp tlf: 604026358 ou deixando unha nota no noso buzón.

 Como vedes, todas son facilidades! Así que esperamos que vos anotedes canto antes para non quedar sen praza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario