venres, 6 de outubro de 2017

VI FESTA DA RECOLLEITA E MAGOSTO- 7 OUTUBRO

Un ano máis o COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA vai celebrar  unha nova edición da FESTA DE RECOLLEITA DO MILLO & MAGOSTO POPULAR que terá lugar o vindeiro sábado 7 de outubro  nas inmediacións do Muiño da Regueira en Matamá (Vigo).


Comezará a festa ás 17h.  cunha pequena ANDAINA PARA NEN@S e ADULT@S para ir recoller o millo e cargalo nun carro tirado por unha parella de bois. A metade da ANDAINA actuará O BARDO ABELARDO co seu espectáculo infantil.

De volta ao lugar da festa, comezará a ESFOLLADA DO MILLO e o REPARTO DE CASTAÑAS a partir das 19h

Sobre ás 20h. actuará o pallaso PETER PUNK, que nos presentará un animado espectáculo para facernos pasar un bo rato.

Remataremos a festa coa boa música do grupo BLUES DO PAIS.

ANIMÁDEVOS A VIR!!!!

Zona de los archivos adjuntos

Ningún comentario:

Publicar un comentario