martes, 10 de outubro de 2017

ACTIVIDADES PARA OS NENOS 13-15 OUTUBRO

Aquí temos un bo plan para o fin de semana... 

TALLER DE ANIMACIÓN FOTOGRÁFICA: O sábado 14 de outubro de 17:00h. a 19:00h, no Centro Comercial da Praza Eliptica vaise celebrar este obradoiro gratuíto. Neste taller os nenos aprenderán cómo animar un boneco, un coche, recortes de papel, etc. Cada neno debe levar un obxecto para animar e coas cámaras realizarán unha película. Non vos parece interesante? Pois poden participar nenos e nenas entre 7 e 12 anos, e a inscripción será por riguroso orden de chegada. 

TALLER DE COCIÑA: no Mercado do Progreso 41, vaise levar a cabo un obradoiro de cociña para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Elaboraranse pratos sanos, saludables e divertidos, así que si che gusta cociñar, podes apuntarte neste taller ata o mércores as 15:00h, se queredes ir ao obradoiro do venres. Se preferides ir o sábado ou o domingo, podedes apuntarvos ata o venres ás 15:00h. Vos deixamos o cartel para que vexades prezo e horario. E se queredes máis información podedes contactar cos organizadores no tlf.  644 731 093 ou no mail info@imaxina.net






Ningún comentario:

Publicar un comentario