luns, 26 de xuño de 2017

LIBROS PARA 1º DE ESO No MERCADILLO DO IES ALEXANDRE BÓVEDA


Informannos dende o ANPA IES Alexandre Bóveda ao que estamos adscritos, das fechas nas que realizarán o MERCADILLO DE LIBROS DE TEXTO, no que os alumn@s de 6ª de primaria que pasan  1º ESO,  poden beneficiarse adquirindo os libros de texto a precios moi económicos.

Este ano teñen un horario moi amplio  para facilitarlle a todas as familias o acceso a este servicio.

Os libros valoransé en función do seu estado:
  • Verde: perfecto estado...... 15 €
  • Amarelo, subliñado ou escrito a lápiz, pero que se podería borrar sen deixar marcas..... 10 €
  • Laranxa, escrito a lapiz moi forte, bolígrafo ou fluorescente, ainda que só sexa una páxina... 5 €
Os libros sempre se venden completos e non hai posibilidade de reserva. Cobraranse todos no momento da venda.

É importante que vos fixedes nos horarios e os respetedes.

Venres 30 de xuño: 9:30 - 14:00
                            16:30-19:30
Luns 3 de xullo: 10:00 - 14:00
Martes 4 de xullo: 10:00 - 14:00

Para os que ainda esteades esperando ó fondo de libros e materias pendientes, realizarán outra convocatoria en setembro.

Se necesitades máis información podedevos dirixir a: anpaalexandreboveda@gmail.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario