venres, 16 de xuño de 2017

FESTA DE FIN DE CURSO_ 22 XUÑO

Xa! Por fin! Remata o curso 2016-2017 e chega a nosa FESTA FIN DE CURSO.

Como sempre teremos exhibicións do grupo de taekwondo e dos de baile, que nos amosarán todo o traballo que fixeron durante o curso, ¡¡¡ Que traballaron moi duro!!!

A continación poderemos disfrutar da música, dos inchables, e como novidade teremos pintacaras e xogos.

Como fin de festa, e como xa é tradición, haberá un canon de escuma, así que non vos olvidedes do bañador, chanclas e toalla!

Recordade que para poder entrar, os nenos deben vir acompañados dun adulto responsable. Así que ás catro da tarde quedará vacio o centro, e habilitaremos unha entrada pola parte de infantil.

Prezo:
Socios: GRATIS
Non socios: 3 € familia



Tamén contaremos cunha "cantina" onde podedes encontrar auga, refrescos, diferentes snack e como novidade a petición dos pais, BOCATAS!

Vos deixamos tamén o taboleiro de prezos.

Esperamos contar con vos e que disfrutedes moito coa festa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario